A Historia dos tranportes

O coche fúnebre é o vehículo empregado para o transporte do cadáver desde o lugar de velación ata o destino final que será un cemiterio ou crematorio.

 

Os primeiros transportes de cadáveres naceron da necesidade de transportar o cadaleito ata os cemiterios que se empezaban a construiren nos arredores das cidades. Inicialmente facíanse con carrozas tiradas por cabalos acristaladas e ornamentadas en exceso. Esta excesiva pompa (do grego pompé, procesión) foi a que deu orixe á denominación Pompa Fúnebre.

 

As primeiras aparicións datan do Século XVI en Inglaterra. A cor dos cabalos, o número deles, así como os adornos permitían coñecer se o falecido era home ou muller ou se pertencía á clase alta. O farol que se poñía sobre o féretro (en inglés Hearse) quedou ata os nosos días para denominar en inglés á carruaxe fúnebre.

 

Non foi ata principios do século XX que emcomenzou a aparecer o coche fúnebre a motor actual o cal compartiu espazo ata a metade de século co de cabalos. Ao acabar a segunda guerra mundial o coche fúnebre a motor evolucionou ata o formato dos nosos días, baseado nun modelo estándar de vehículo, o cal se corta e amplia tanto o chasis como a carrocería para poder albergar un cadaleito, así como os ornamentos florais do cortexo.

 

Mantívose como chiscadela á carruaxe de cabalos o Landó ou Landau lateral (peza metálica ornamental en forma de ese na parte traseira do vehículo). Pola contra, se este é totalmente acristalado denominase limusina.

 

Marcas como Mercedes Benz, Cadillac, Lincoln, Rolls Royce ou Daimler son as que se adoitan empregar para carrozar coches fúnebres. O proceso faise a través dunha empresa especializada tanto en carrozar coches fúnebres, como ambulancias, e vehículos especiais. Na actualidade os motores híbridos e eléctricos empezan a gañar protagonismo.

Deixar unha resposta

×