Cemiterio de Santo Amaro

O cemiterio municipal de Santo Amaro é un dos 6 cemiterios da cidade da Coruña e un dos 3 de xestión municipal. É o cemiterio máis importante da cidade tanto por historia, persoas ilustres enterradas e número de enterramentos anuais. Está considerado un dos 5 máis antigos de Europa, sendo declarado “Lugar de Interese Turístico” en 2012 e incluído no Roteiro dos Cemiterios Europeos desde 2013.

 

No primeiro decenio do século XIX, trala Capela de Santo Amaro, fronte ao océano atlántico e camiño da torre de Hércules, planifícase un cemiterio moderno segundo os criterios hixiénicos da Administración Borbónica. Unhas recentes inundacións, fan que os cadáveres enterrados no atrio dunha das parroquias da cidade queden expostos polo que se decide a construcción dun cemiterio na aforas da cidade. Bendicido en novembro de 1812 e de construcción cadrada e planta de cruz grega habilítanse espazos para as parroquias existentes na cidade (Santa María, Santiago, San Jorge e San Nicolás).

 

Con posterioridade irase configurando ata chegar ós 4 Departamentos actuais coas súas respectivas Ampliacións así, como unha Capela de corte neoclásico, ademais dun cemiterio civil (agora integrado no cemiterio) e un Británico desde 1867 baixo control do Consulado da cidade e pechado ao público xeral.

 

Escritores como Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Manuel Murguía, Wenceslao Fernández Flórez, Pintores como Luís Seoane, ou a irmá de Pablo Picasso (Conchita Picasso), empresarios como Pedro Barrié de la Maza, políticos como Benito Plá e Cancela, Emilio González López, alcaldes como José Folla Yordi, Anxo Senra, Federico Tapia, Alfonso Molina, militares como Rogelio Caridade Pita, filántropa como Juana de Vega, músicos como Marcial do Adalid ou Pucho Boedo son unha parte dos personaxes históricos que se atopan enterrados en Santo Amaro.

Deixar unha resposta

× ¿Cómo puedo ayudarle?