Servizos

Servizo funerario

En Pompas Fúnebres de La Coruña realizamos servizos funerarios adaptándonos ás necesidades dos nosos clientes. Nas nosas instalacións da provincia da Coruña ofrecémoslle espazos amplos e confortables as 24 horas do día para que poida despedir o seu ser querido dun xeito tranquilo e íntimo.

 

Coidamos todos os trámites burocráticos previos ao enterro ou á incineración , que tamén inclúen os trámites perante os organismos oficiais (Concello,Rexistro Civil, etc.), respectando o seu loito e a súa intimidade. Tamén ofrecemos os seguintes servizos adicionais:

-Publicación de necrolóxicas

-Servizo de floreria

-Transporte para acompañamento familiar

-Salas de velorio

-Traslados nacionais e internacionais

-Lápidas e Placas

-Servizo relixioso

Todas as nosas arcas, lápidas e placas están fabricadas en Galicia

Asistencia tralo Enterro ou Incineracion

Os trámites burocráticos que se deben levar a cabo despois do enterro ou a incineración poden ser agotadores e dolorosos. En Pompas sabémolo e por iso ofrecemos asesoramento a través do noso servizo xurídico, cunha primeira consulta gratuíta para resolver as posibles dúbidas xurídicas que poidan xurdir despois do falecemento e un orzamento detallado en caso de realizar os trámites pertinentes.

 

O noso departamento xurídico leva máis de 20 anos traballando con Pompas Fúnebres de La Coruña e comparte coa empresa a atención humana, empática e profesional que nos caracteriza, e que é tan necesaria nos momentos delicados que a familia do falecido está a atravesar.

Borrado de pegadas dixitais

Na vida actual, o uso de internet, redes sociais e contas de correo electrónico é moi común.

Pompas Fúnebres de La Coruña ofrece o servizo de eliminación da pegada dixital da persoa falecida, pechando os seus perfís en redes e as súas contas dixitais e, se o desexa, calquera outro rastro que deixara en internet.

Solicite un orzamento detallado sen compromiso. Chámenos ao 981 29 45 11 ou encha o seguinte formulario e porémonos en contacto vostede. Temos prezos competitivos e respondemos en menos de 24 horas.

× ¿Cómo puedo ayudarle?