Pompas Fúnebres da Coruña é a primeira empresa privada que ofrece servizos de tanatorio en España. Establecido en 1974 por D. Antonio Modia, D. Emilio Gundín, D. Manuel Varela e D. Julio Corral na céntrica praza da Palloza. Dende o ano 2000, D Antonio Modia continuou só coa compañía, ampliando as súas instalacións aos tanatorios do Graxal, Arteixo e Sada.
A relación da familia Modia co sector funerario comeza con D. Antonio Modia pai, que fundou en Lugo unha das maiores fábricas de arcas de Galicia, onde tamén abriu unha axencia de seguros funerarios.
Hoxe Pompas é unha empresa familiar que ofrece o seu servizo coa mesma calidade e atención próxima, humana e profesional de sempre. Unha empresa coruñesa, comprometida co benestar de Galicia.
Todas as nosas arcas, lápidas e placas están fabricadas en Galicia.