Enterro ou cremación dun falecido

Cando se produce o falecemento dun ser querido, a principal decisión a tomar é que destino final dáselle o cadáver. Está decisión pode estar tomada de antemán o falecemento polo propio falecido ou a súa familia, ou ben decidirse unha vez se produza o falecemento.

 

O Decreto 151/2014 de Sanidade Mortuoria de Galicia indíca que “o destino final de todo cadáver serán a inhumación en lugar autorizado ou a incineración”.

 

Definimos Inhumación como a “acción e efecto de enterrar un cadáver”, mentres que a incineración é “a redución a cinzas do cadáver por medio de calor”.

 

Calquera das dúas opcións poderase realizar unha vez obtida a licenza de enterramento, transcorridos 24 horas desde o falecemento.

 

A efectos prácticos a inhumación precisa dunha instalación propia (sepultura) que ben se pode ter xa en propiedade nun cemiterio tanto municipal como parroquial ou ben debe solicitarse. Na Coruña o Concello realiza as adxudicacións de nicho no cemiterio municipal de Feáns. A concesión de nicho realízase por un prazo inicial de 35 anos, coa posibilidade de solicitar prórrogas sucesivas unha vez caducada a concesión. Na actualidade non hai cinceiros en adxudicación para meter as cinzas dun cadáver cremado.

 

Pola contra nas incineracións non é necesario dispoñer dunha instalación salvo que se queiran depositar nela a urna coas cinzas cremadas. Pompas realiza as incineracións no crematorio do cemiterio municipal de Feáns para o que non é preciso que ninguén da familia se desprace o crematorio encargándonos de todos os trámites necesarios.

 

O non dispor de crematorio propio fai que as nosas incineracións sexan máis económicas xa que non temos que repercutir na nosa8 clientela, nin o custo adquisición nin o de mantemento do forno. Non dubide en pedirnos orzamento gratuíto.

Deixar unha resposta

× ¿Cómo puedo ayudarle?