[wpml_language_selector_widget]

Exhumación ou traslado de restos

En Pompas levamos desde o inicio da empresa ofrecendo o servizo de exhumación, reducción e traslado de cadáveres ou restos cadavéricos facendonos cargo de todas as xestións, trámites e permisos necesarios a través do persoal cualificado da empresa.

 

O Decreto 151/2014 de Sanidade Mortuoria de Galicia define a Exhumación como a “acción de extraer do seu lugar de inhumación un cadáver, restos humanos ou restos cadavéricos”.

 

Entenderase por cadáver como “o corpo humano durante os 5 primeiros anos seguintes á morte”, computándose desde a data que figura na inscripción do Rexistro Civil.

 

Pola contra, os Restos Cadavéricos defíniranse como “o que queda do corpo humano, unha vez transcorridos os 5 anos seguintes á morte”.

 

O destino do cadáver ou dos restos cadavéricos exhumados, será ben unha reinhumación noutra sepultura ou ben a incineración destes nun crematorio. No caso de cremación, Pompas realiza está función no crematorio municipal de Feáns, para o que non é preciso que ninguén da familia se desprace o crematorio, encargándose Pompas de todos os trámites necesarios.

 

O exhumar os restos cadavéricos, estes colócanse nunhas urnas específicas para o seu posterior traslado.

 

A documentación a presentar nas nosas oficinas será a seguinte:

 

  • Nome, Data e Lugar de falecemento do cadáver ou resto a trasladar.

 

  • Documentación da Sepultura de onde saen os restos ou cadáver (deberá ser un titular vivo da sepultura o que autorice a apertura).

 

  • Documentación da Sepultura onde se reinhumarán eses restos ou cadáver (deberá ser un titular vivo da sepultura o que autorice a apertura). No caso de proceder á súa incineración esta documentación non será necesaria.

 

 

  • Documento Nacional de Identidade ou outro Documento que verifique a identidade do solicitante, así como a firma deste para a presentaren a documentación necesaria para realizar a exhumación.

Entradas relacionadas

×